ADVINACIONES
(Poenteareas)
Chorin, chorin
Trás torre andaba,
Se a torre caia
Chorin se alegraba.
Fun ó monte
Prantei unha estaca,
E o tiroliro
Volven para a casa.
Vai para o monte
Mira pra casa,
Ven para casa
Mira pro monte.
No monte nace,
No monte se cria,
Chegando á casa
Nunca hai alegria.
Terra branca,
Semente negra,
Cinco aradores
E unha chabella.
Non está nado,
Nin por nacer,
Non é Dios,
E pode ser.
Alto pepino
Redondo molete,
Que chova, que neve,
Jamais se derrete.
Tacon sobre tacon,
E tacon do mismo pano,
Si no cho digo chora,
Non acertas en un ano.
Estudiante lareiro
Que estudias tras do lar,
¿Cando t'hei de ver lareiro
Dal a volta no altar?
Estudiante que estudias
No arte da theologia,
Dime, ¿que ave é aquella.
Que ten peitos e cria?
Que cousa é cousa
Que ten un dente,
E chama por toda a gente?
Calza de ferro,
Viste de liño,
E tirase cun garabulliño?
¿Qué cousa e que sempre anda;
E nunca chega á casa de seu dono?
Tres pés con croa,
Trepia son, tontona?
Qué cousa é cousa.
Que pon o cu na lousa?
La Gallicia, t. IV, 127.
Mingo, Mingacho
Cara de cacho,
Bico de ovella
¿Quén che mandou
Trebellar co a nena?
Agora a nena
Está barriguda;
Juntall'os ovos
Para a paridura.