DICHOS COMMUNES

(Paroquia de Sola)

Amiguiñas de Miguel

Todas cargadas de mel,

E de mel e de maduro,

Ribirese don Gregorio del Mulo.

—¿Que hai n'aquel tellado?

«Un gato desfolado.

—¿Qué hai n'aquella artesa?

«Unha vella tesa.

—¿Qué hai n'aquela horta?

«Unha vella morta.

—¿Qué hai n'aquel buratiño?

«Unha campanilla.

—¿E como fai?

Tilin, tilin, tilin, tilin[65].


—Meu compadre veu?

«Veu.

—E que me trouxo?

«Un cordonsiño

—De que color?

«De verde limon.

Sopitaipon, de verde limon,

Sopitaipon.


Miña Santiña,

Miña Santasa,

Miña cariña

De calabasa.

—Que está na rua?

«Uma espada nua.

—Que está detraz da porta?

«Uma velha morta,

—Que está n'aquelle ninho?

«Um passarinho.

—Que está n'aquelle telhado?

«Um gato pingado.

—Vamos inchotal-o?

Sápe! sápe, sápe, sápe!

Ei de emprestarbos

Os meus pendentes,

Ei d'emprestarbos

O meu collar:

Ei d'emprestarcho

Cara bonita

Si me deprendes

A pentear.

Ap. Cantares Gallegos.

Fun ó muhiño,

D'o meu compadre,

Fun po-lo vento,

Vin pó-lo aire.

Isca d'ahi,

Galiña maldita,

Isca d'ahi

Nô me mate-la pinta.

Isca d'ahi

Galiña ladrona,

Isca d'ahi

Pra câs de tua dona.

Ibid.