«Con mil amores chó dera,
Mais teño que confesarme,
E moita vergonza fora
Ter un pecado tan grande.»
—Pois confesate, Marica,
Que cando casar nos casen,
Non ch' han de valer, meniña,
Nin confesores, nin frades.
Adios, cariña de rosa!
«Raparigo, Dios te garde,»