AS TRES COMADRES
Elas eran tres comadres,
E dun barrio todas tres;
Juntaron unha merenda.
Para ir ó Santo Andrés.
Con seconequé,
Con el peregil,
Con domine és,
Con trispilistas,
Con domine olé, olé
Pola tua fé
No souto d'Alberto
De Jan Pirulé.
Unha puxo trinta óvos,
Para cada unha dez;
Outra puxo unha empanada,
De tres codos a otravés.
Con seconequé, etc.
Unha dixo: Vou por viño,
Comadre, cánto traerei?
Trai no máis canado e medio,
Para volver outra vez.
Con seconequé, etc.
Unha dixo pola luna:
Mira qué paniño ingrés;
Outra dixo polo odre:
Mira qué neno sin pés.
Con seconequé, etc.
Alá pola media noite
Ven o marido de Inés,
Pau a unha, pau a outra,
Pau doulles, a todas tres.
Gallicia, III, 240. Colligidos da tradição popular por José Lopez de la Vega.