A SERRA DO RAÑO
(Cantiga das montañas)
Alta serriña do Raño
Ten moitas zarzas e penas,
Donde o lobo fai o cocho,
E os boutres berran nelas.
Esta serra ten seus bosques
Onde o lobo fai o cocho,
E o corzo e o porco bravo
A mais tamen o raposo.
Se por ela pasa alguen
Pode que se estemoreza,
E pode que teña medo
Que o lobo se lle apareza.
Se certa a ser de noite
Aló no mes de janeiro,
Cando berra moito a loba
Que anda ó casticeiro.
Hai que ter un gran coedado
Despois que ós corzos lles tiren
Que hay ó Ponente un regato
Pode ser que pra el biren.
Está chea de carballos
De uzes e de acibros,
Por ali é donde están
Os animais escondidos.
Ten un calejo pequeño
Aló na parte de riba
Ali se arman as córdas
Cando hai a montaria.
Esta serra é moi fria
Aló no tempo do inverno,
Estan os boutres silvando
Co o frio e con o helo.
Aló pra beas do Norte
Chamanll'o Pico de Vales.
É o punto mais bonito
Pra tirar ós animales.
Pra se o Pico de Vales
Máis pra fonte Jandaviña
É pra donde o corzo e o porco
Polo regular camiña.
O calejo que já dixen
Donde se arma a montaria
Chamanlle Louseira Vélla
Donde o lobo mais arrima.
Desengaño ós cazadores
Se algun hai que ó Raño veña,
Que vaya ganar as costas
E que se aparte da leña.
Pol o Sur de esta serra,
Pasa o camiño real:
Mirar cando o ladronciño
De dentro das uzes sal.
Desengaño ó pasageiro
Pase por el con coedado,
Que nunca tuvo bon nome
Esa gran costa do Raño.
Porque já non é o primeiro
Que d'entre das uzes sal,
Por eso algun ladron
Sofreo pena corporal.
Estamos hoje no siglo
Cando houbo un suceson,
Que o verdugo puxo ali
A cabeça de un ladron.
Por estes feitos e crimes
Que socederon no Raño,
Polo amor que teño á gente
Por eso a desengaño.
Na cabeceira hai un marco
Feito de unha pedra longa,
Tres Auntamentos devide
Monfero, Arauga, Irijoa.
A sua gran fertuniña
Devide gran estension,
Se algun non o conoce
É o marco de Pion.
La Galicia, t. IV, 276.