NOTAS DE RODAPÉ:

[58] Ap. Couto de Magalhães, O Selvagem, P. II, p. 79.

[59] Ibidem, p. 80.

[60] Ibidem, p. 81.

[61] Ibidem, 144—5.

[62] Ibid. p. 146.

[63] Ap. Noticia sobre a provincia de Matto-Grosso, por Ferreira Moutinho, p. 19.

PARTE III
OS LYRICOS GALLEGOS

Airiños, airiños, aires,

Airiños da miña terra;

Airiños, airiños, aires,

Airiños, leváime a ella.

Cant. pop.

Sin ela vivir non podo,

Non podo vivir contenta,

Qu'á donde queira que vaya,

Cróbeme unha sombra espesa.

Cróbeme unha espesa nube

Tal preñada de tormentas,

Tal de soidás preñada,

Qu'á minha vida envenena.

Leváime, leváime airiños,

Com'unha folliña seca,

Que seca tamen me puxo

A callentura que queima.

Ay! si non me levás pronto,

Airiños da miña terra;

Si non me levás, airiños,

Quiçaes xa non me conesan

Qu'a frebe que de min come,

Vaime consumindo lenta,

E no meu corazonsiño

Tamen traidora se ceiba.

Fun n'outro tempo encarnada

Com'á color de sireixa,

Son oxe descolorida

Com'os cirios das igrexas,

Cal si unha meiga chuchona

A miña sangre bebera:

Vou-me quedando muchiña,

Com'unha rosa qu'inverna,

Vóume sin forzas quedando,

Vóume quedando morena,

Cal unha mouriña moura

Filla de moura ralea

Leváime, leváime, airiños,

Leváime á donde m'esperan

Unha nay que por min chora

Un pay que sin min n'alenta,

Un hirman por quen daria

A sangre das miñas venas,

E un amoriño á quen alma

E vida lle promettera.

Si pronto non me levades,

Ay morrerei de tristeza,

Soya n'unha terra extraña,

Dond'extraña m'alumean,

Donde todo canto miro

Todo me dic'; extranxeira!

Ay, miña pobre casiña!

Ay, miña vaca bermella!

Años, que valás nos montes,

Pombas, qu'arrulás nas eiras,

Mozos, qu'atruxás bailando,

Redobre d'as castañetas,

Xás-co-rras-chás das cunchiñas,

Xurre-xurre d'as pandeiras,

Tambor do tamborileiro,

Gaitiña, gaita gallega,

Xa non m'alegras dicindo:

Muiñera! muiñera!

Ay quen fora paxariño

De leves alas ligeiras!

Ay con que prisa voara

Toliña de tan contenta,

Para cantar á alborada

Nos campos da miña terra!

Agora mesmo partira,

Partira com'unha frecha,

Sin medo as sombras da noite,

Sin medo da noite negra.

E que chovera ou ventara,

E que ventara ou chovera,

Voaria, e voaria

Hastra qu'alcanse á vela.

Pero non son passariño

E irey morrendo de pena,

Xa en lagrimas convertida,

Xa en suspiriños desfeita.

Doces galleguiños aires,

Quitadoiriños de penas.

Encantadores d'as auguas,

Amantes d'as arboredas,

Musica dás verdes canas

Do millo d'as nossas veigas,

Alegres compañeirinos,

Run-run de tódalas festas,

Leváime nas vosas alas,

Com'unha folliña seca,

Non permittás qu'aqui morra,

Airiños da miña terra,

Qu'ainda penso, que de morta,

Eide sospirar por ela.

Ainda penso, airiños, aires,

Que dimpois que morta sea,

E aló pólo composanto,

Dond'enterrada me teñam,

Pasés na calada noite

Runxindo antr'á folla seca,

Ou murmuxando medrosos

Antr'as broncas calaveras,

Inda dimpois de mortiña

Airiños da miña terra,

Éivos de berrar: ¡Airiños,

Airiños, leváime á ela!

D. Rosalia Castro de Murguia, Cantares

gallegos, p. 87. Madrid, 1872.