PLEGARIA A SAN ANTONIO

(Provincia de Lugo)

Ana, pariu á Santa Ana,

Santa Ana pariu á Virgen,

Señora Santa Isabel

Pariu á San Juan Bautista:

Asin como estas cousiñas son certas,

Meu señor San Antoniño de Padua,

Eu lle pido é lle suplico

Pol o libro en que leeu,

Pol o cordon que cingeu,

Pol a vision beatifica,

Eu lle pido e suplico

Que me libre á facendiña

De raposo é de raposa,

E de can é de cadela,

E de lobo é de lobella,

Con sete brazas darredor,

Meu señor San Antoniño de Padua.

Cun padre nuestro é unha ave-maria

A miña facendiña

Me gobernaria.

Gallicia, IV, 105.


San Antonio bendito,

Dádeme un home,

Anque me mate

Anque m'esfole.

Ap. Cantares gallegos, p. 71.