(Pueblo de Orense)
Padre nuestro pequeniño
Lévame por bo camiño,
Aló fun, aló cheguei,
Tres Marias encontrei
Preguntando por Jesus,
E Jesu'staba na cruz,
E na cruz e no altar
Cos peiños a sangrar;
—Ténte, tente Madanela,
Non vos veñas lastimar;
Que estes son os traballiños
Que por vos ei de passar.
Ibid.
Santo que estás no canizo
Tira castañas abaixo;
Tira das mais graudiñas,
Que ás pequenas non me baixo.
San Amaro era xastre
Pero despois foi ladron,
Non houve xastre no mundo.
Que non roubase un calzon.
Unha vella fixo papas,
E o pote botonllas fóra,
Hay un ano que foi esto,
E ainda hoxe a vella chora.
Señor San Juan de ortorio,
Feito de pau d'ameneiro,
Primo carnal dos meus zocos,
Hirman do meu tabaqueiro.
A dar fé á un que morrera
Foy un escribano torto,
Mais él á poder de cruces
Fixo parolar ó morto.
As costureiras d'ahora,
Foron feitas ó sisel;
Son amiguiñas dos homes,
Como as avellas do mel.
O crego foi a o moiño,
Meteu a cabeza dentro,
Trouxo a fariña na croa,
Para facer o formento.
O crego foi ó moiño,
E caeu da ponte en baixo,
Acudi ó crego, nenas,
Que vai pol o rio abaixo.
Fun esta noite ó moiño,
C'un fato de nenas novas,
Elas todas en camisa,
Eu no medio con cirolas.