¡QUEN POIDERA CHORAR!

Eu, chorei sendo neno, moitas veces;

Pranto de pelras aquil pranto foi:

Tiña forza n'os ollos, mais non tiña

forza n'o curazon.

Chorei dempois cando xa feito home

Loitaba c'os delirios d'a pasion,

Y-os meus ollos souperon o que eran

As vágoas de door.

Logo mais tarde, cando as penas fondas

Deixáronme sin grorias nin pracer,

Eu cobizei chorar, pero non tiven

Mais que vágoas de fél.

As mortas illusiós, os desenganos

Consumiron a yalma c'o pesar;

Pidínll'os ollos vágoas ¡ay coitado,

Xa non puden chorar!

Pranto dichoso, fonte de consolo,

Xa pr'a min as tuas augas non virán:

Cando c'os anos pérdense as legrias,

¡Quén poidera chorar!

Valentin L. Carvajal, Espinas, follas e frores, p. 37.