O DESCONSOLO

D'esta fontiña á beira froleada

Sentado á sombra d'un choron estou

Doido o peito, a alma esconsolada,

Triste morrendo pouco á pouco vou.

Desde qu'a negra morte aquella prenda

Que tanto quixen me arrancou sin dor,

Solás non acho en nada, e solta renda,

A pena, choro o meu perdido amor.

Quen o diria! tão garrida e nova,

Doce cal rula, e branca cal xasmin,

Tan cedo habias de baixar á cova,

Piedade, céos, ay, piedá de min.

Solo quedei no mundo, solo, solo,

Qu'ei de facer?... chorar e mais chorar!

E qu'ainda te vexo no meu colo,

Sabeliña, querida, maxinar.

Xa non iremos mais polas roleiras

En compaña amorosa ás moras, non;

Nin baixo das follosas ameneiras

As coitas che direi do corazon.

Cantas veces da auga d'esta fonte

Che dice, mina vidiña, pola mao!

Cantas os dous deixabamos o monte,

Por tomar aqui o fresco, aló no brau.

E nas tardes de outono... ¡non te acordas...

Mais ¿que digo acordar? si te perdin?

Partenseme, ay do corazon as cordas

Penso qu'ainda aqui estás... louco de min!

N'outono... pois con alegria moita

Nos ibamos ó longo castañal,

E a rebaladas eu guindabava froita

Mentras ti regalabas meu cantar

E tamen cando... ¿pero á que memoria

Fago de tempo aquel? ay! calarei!

Mirame, Sabeliña, desde a groria;

Por ti de cote triste chorarei.

Alberto Camino, ap. Trovas e Cantares, p. 329.